Manipur: Dous membros da policia feridos nunha emboscada.

Correovermello-noticias

Imphal, 07.01.17

Dous membros das CRPF resultaron feridos de gravedade ao ser alcanzados pola detonación dun artefacto explosivo, por control remoto, nun camiño en Naoremthong Khullem Leikai no distrito oeste de Imphal, informa a prensa india. Os policias viaxaban en bicicleta e polo momento ningun grupo reclamou a autoria.

12115452_137860656574995_4357482225306267653_n

Advertisements